Benvidos e benvidas á nosa web, aquí podes ver un poco o contido en canto a concertos, videos, galería, novas, enlaces de prensa, etc. Ademáis, tamén podes contactar con nos se tes algunha curiosidade.

LONTREIRA é o nome dunha praia da Illa de Arousa, pero tamén somos nos.

Coñecémonos en Churruca, e coa diversidade musical das súas rúas descubrimos un interese común: Expresar a través de sons

Cando o noso tema “Corazón de toxo” resultou gañador da Canción do verán, a motivación empuxounos a crear “APNEA”, o noso primeiro álbum.

“Apnea” nace cuns irmáns maiores moito máis electrónicos que non quixemos olvidar e seguimos levando con nos. Máis despois de ver que o noso interese común era expresar dende a raíz de todo, a natureza, Apnea volveuse un conxunto de sons e culturas do mundo.

Unha mestura de efectos visuais e sonoros manteñen a vista de calquera pegada ao escenario. pois tres únicas persoas conseguen reflexar no directo todo e máis do que se pode ter escoitado previamente en “Apnea”

ROTCE, ao mando das bases e o teclado.

ADRI COYOTE, a encargada de recitar a parte poética, e ademáis, a voz principal.

IVÁN BARRAL, acompaña os directos coa súa guitarra e os seus coros.